Os nenos que nacen prematuros
son nenos particularmente vulnerables que en ocasións permanecen ingresados nas
unidades de neonatoloxía durante largos períodos de tempo.
Polo seu baixo peso e os múltiples problemas de todo tipo que poden presentar, ademais de vivir en unha incubadora (que por moderna que sexa sométeos a un umbral de ruído bastante alto), moitas veces vense sometidos a procedementos que son agresivos, ruidosos, dolorosos ou molestos, polo que estes pequenos padecen un nivel de estrés considerable. Este estrés ten consecuencias como cambios na frecuencia cardíaca, aumento das súas necesidades de osíxeno, irritabilidade, sono intranquilo e menor ganancia de peso.

Desde fai anos é un obxectivo prioritario das unidades de neonatoloxía mellorar as condicións de vida dos bebés prematuros durante a súa estancia no hospital para minimizar, na medida do posible, o estrés e conseguir o seu desenvolvemento óptimo. O último procedemento en incorporarse con este fin é o emprego da musicoterapia.
A musicoterapia é un tipo de tratamento que utiliza a música como vehículo para mellorar e manter a saúde tanto desde un punto de vista físico como mental.
Experiencia na Unidade
de Neonatoloxía do Hospital La Fé de Valencia
Baseándose no chamado “efecto Mozart” que demostra que os nenos que escoitan esta música a partir da semana 23-24 de xestación choran menos, dormen máis, teñen mellor ganancia de peso e mellor plasticidade cerebral tras o nacemento, na Unidade de Neonatoloxía do Hospital La Fé de Valencia realizaron un estudio en 40 nenos prematuros para avaliar os efectos do emprego da musicoterapia. Poñíanlles música clásica ambiental tres veces ao día, durante unha hora, e comprobaron que os nenos relaxábanse, melloraban a súa frecuencia cardíaca e a súa osixenación e durmían moito mellor.
O tipo de música utilizada ten que ser apacible, envolvente e sen cambios bruscos. Fixeron unha selección de Mozart, Vivaldi e Brahms e, ao parecer, Mozart resultou o preferido, sobre todo cando incluía sons de xilófono ou da natureza.
A experiencia resultou tan beneficiosa tanto para os nenos como para os pais, que se implicaron aportando seleccións musicais, que dende entón utilízanse de forma habitual no coidado dos recen nacidos prematuros.
Vídeo interesante:
Webgrafía:
SABELA SERRANO LORENZO
No hay comentarios:
Publicar un comentario