O programa que elixín desenvólvese coas familias e os seus nenos e nenas desde o terceiro trimestre de embarazo da nai ata os 4 anos de idade do neno ou nena. Está dividido en diferentes subprogramas adaptados a cada idade e ás características dos nenos e nenas.
QUE É HARTBEEPS?
Trátase dun programa de desenvolvemento para os bebés e os nenos e nenas máis pequenos empregando sistemas de sons, efectos sonoros, música e canto, onde as familias ou coidadores os acompañan en todo momento. Defínese como "un musical interactivo para os máis pequenos".
PRINCIPIOS
Hartbeeps fundaméntase nunha serie de premisas:
- Encanto de explorar
O programa segue os principios de Reggio Emilia e a súa crenza en que os nenos e nenas máis pequenos deben ter a oportunidade de explorar a través de experiencias sensoriais e deben ser capaces de expresarse de diferentes maneiras.
Crean un ambiente similar ao da aprendizaxe Reggio, ofrecendo espazos que xogan coa luz, con espellos, coas cores, coas texturas, entre outros. Baseándose neste ambiente os educadores e as educadoreas crean historias e personaxes acompaándoas con humor asombro e admiración. Todo elo ambientado con bandas sonoras creadas tendo en conta aspectos de musicoterapia.
- Gusto pola participación
Os nenos e nenas son os protagonistas das actividades, como non podía ser doutra maneira. A través de involucralos nas actividades e de que estes usen os seus sentidos axudan ao desenvolvemento de habilidades de pensamento cognitivo e da aprendizaxe activa.
Hartbeeps traballa empregando a estimulación multisensorial: as actiidades desenvólvense cun fondo musical que transmite unha emoción, adaptada á actividade e con apoios visuais e táctiles, provocando así un movemento creativo nos nenos e nenas.
- Educación
Está demostrado por diversas investigacións que os nenos e nenas menores de 5 anos desenvólvense en todos os aspectos (cognitivamente, emocional e socialmente e a motricidade) de xeito máis rápido que noutras idades. Este programa, baseándose nestas investigacións e na improtancia da formación dos nenos e nenas de meos de 3 anos, traballa a súa intelixencia, a través do xogo e da exploración dos seus niveis de concentración.
Os programas estrúturanse en torno ás áreas principais que ofrece o currículo EYFS (Early Years Foundation Stage): persoal, desenvolvemento social e emocional, comunicación e linguaxe, e desenvolvemento físico. Esta organización do programa constrúese, así mesmo, tomando influencia de grandes educadores innovadores como Piaget, Steiner e Vygotsky.
- Escoitando coas orellas
Todos os programas inclúen a oportunidade de xogar cos sons: a voz, os ritmnos, canto, percusión corporal... . A finalidade de todas as actividades é que os nenos e nenas comecen a explorar a lectura e para logralo deben de ser capaces de escoitar e distinguir entre os sons na realidade, por exemplo segmentando palabras para que os nenos únan os seus sons.
Empregan diferentes técnicas de reprodución do son para que os nenos e nenas aprendan a discriminar entre os sons da voz humana, un instrumento, obxectos naturais e efectos sonoros tomados da natureza. Moitos deles introdúcenselle ao neno ou nena antes de que fale para que se centre nos sons sen ter que entender a linguaxe falada.
- A arte do xogo
Un dos obxectivos de Hartbeeps é mostrar aos adultos a importancia do xogo, como emdio para a prendizaxe e o desenvolvemento dos sus fillos e fillas e como intrumento de animación para eles mesmos e de relación coa arte do xogo.
Sabemos que nacemos para xogar, que o xogo é innato e fundamental, xa que a través del desenvolvemos aspectos sociais e emocionais e nos proporciona sensación de tranquilidade e relaxación, ademais de ser unha importante fonte de estimulación para o cerebro e o corpo.
Sabendo isto, Hartbeeps ofrece para as familias e os nenos e nenas un mundo cambiante de xogo iaxinativo, creativo e temático.
OS ADULTOS
As clases de Hartbepps son interactivas, polo que as familias ou acompañantes dos nenos e nenas deben seguir unha serie de recomendacións:
- Xogar xuntos: o xogo significativo para o neno ou nena desenvólvese cando o adulto ten un papel activo xunto con el ou ela.
- Observar: se se presta atención ao neno ou nena descubrirase o rápido desenvolvemento das capacidades e a aparición de novas habilidades.
- Seguir: seguir o nivel do neno pode mostrar descubrimentos que desde unha observación non participativa non conseguiremos.
- Ser creativo: poñer a un lado as normas de adulto e converterse en neno por un moemnto pode axudar a redescubrir ao neno ou nena que acompañamos.
- Divertirse: cantar, xogar, bailar e gozar co neno ou nena.
Neste apartado cabe engadir que na páxina oficial contéstanse preguntas de gran interese para as familias e para coñecer un pouco máis sobre a importancia da música no desenvolvemento das criaturas. Aparecen preguntas como:
- Por que é tan importante disfrutar da música co neno ou nena?
- Como axuda a música no desenvolvemento de habilidades sociais? E de habilidades físicas?
- Como fomenta a música o desenvolvemento da linguaxe no neno ou nena?
CLASES
- Babybells
"Un tiempo y un espacio para simplemente ser con su bebé"
- Idade dos nenos/as: desde o nacemento ata que son capaces de sentarse.
- Principios: ioga infantil, filosofía Doula e técnicas de relaxación para bebés.
- Música contemporánea, agradable e cancións de cuna de fondo.
- Finalidade: ofrecer ás nais e aos pais un kit de ferramentas con cancións de cuna, rimas, movementos creativos, relaxación...
- Principios: innovacións no desenvolvemento da linguaxe, "Babyland": lugar brando e sin bordes onde as actividades diarias e as rutinas se concentran en cantar cancións.
- Os balbuceos do bebé convértense en marabillosos sons e en cancións, pois son os principios da linguaxe.
- Ambiente: seguro e familiar, onde os nenos e nenas forman parte da creación das rutinas do programa, mirando e escoitando os animais da casa.
- Características: sesións temáticas e clases respaldadas con bandas sonoras pregravadas polos propios educadores e educadoras; dándolle así a cada clase un ambiente propio e establecendo unha estrutura a cada sesión.
OUTRAS
Hartbeeps ten tamén programas para as familias e os nenos antes de camiñar nos que se crea un ambiente de xogo libre e as familias poden interactuar entre elas nun ambiente de distensión e tranquilidade. Inclúese neste programa, chamado Baby Rock Café unhas sesións para os nenos e nenas con discapacidade auditiva, que comezan a funcionar.
Outro programa interesante que teñen pensado poñer en marcha coñécese como Baby Love, no que nais embarazadas poden acudir a partir das 28 semanas para crear un ambiente de conexión cos seu bebé antes do seu nacemento a través de sons agradables e diferentes técnicas innovadoras.
HARTBEEPS EN ESPAÑA
A pesares de que non hai unha escola especializada neste programa no noso país, podemos atopar algunhas escolas infantiles onde desenvolven sesións semanais seguindo este programa. As sesións realízanse da man de dúas especialistas e sobre todo, no sur de Andalucía.
Para máis información deixovos os seguintes enlaces sobre Hartbeeps en España:
INFORMACIÓN ADICIONAL
Creo importante recordar brevemente os fundamentos educativos que seguen os autores nos que se fundamenta este programa, para así poder entendelo mellor:
- Reggio Emilia: cree na importancia da creación de contextos axeitados para a aprendizaxe activa dos nenos e nenas, baseándose na experimentación espontánea e na exploración do ambiente autónoma (http://www.escuelainfantilreggio.com/html/quienes-somos.html).
- Piaget: para el a educación ten como finalidade principal favorecer o crecemento intelectual, afectivo e social do neno ou nena, tendo en conta que dito crecemento é o resultado duns procesos evolutivos naturais; dándolle prioridade deste xeito ás actividades de descubrimento (http://www.psicopedagogia.com/articulos/?articulo=379).
- Vygotsky: como ben sabemos a súa teoría baséase na aprendizaxe sociocultural de cada individuo e polo tanto dalle especial importancia ao medio no que se desenvolve. A interacción social convértese para el no motor principal de desenvolvemento do neno ou nena. (http://www.psicopedagogia.com/definicion/teoria%20del%20aprendizaje%20de%20vigotsky).
- Steiner: é o creador da pedagoxía Waldorf, a cal baséase de empregar a arte para educar. Esta pedagoxía nace en estreita relación aos cambios sociais e políticos despois da Primeira Guerra Mundial. Defende a educación como un obrar artístico que se debe desenvolver nun ambiente libre e creador (http://www.colegioswaldorf.org/pedagogia.html).
Espero que este programa vos chamara a atención tanto como a min, e non deixedes de deixar comentarios con suxerencias, opinións e novas aportacións.
Rebeca Fernández Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario