Hands On!
"Hands On!" é unha experiencia musical que ofrece clases de música onde se traballa con idades comprendidas entre os 4 meses e 5 anos, pero eu só me centrarei de 0 a 3 anos.
"Hands On!" é unha experiencia musical que ofrece clases de música onde se traballa con idades comprendidas entre os 4 meses e 5 anos, pero eu só me centrarei de 0 a 3 anos.
A través destas clases introdúcese aos
nenos en:
· Conceptos
musicais.
·
Instrumentos,
os nenos poderán velos e tocalos.
·
Actividades
que melloren a aprendizaxe doutros como: adquisición da linguaxe, habilidades,
destrezas matemáticas, discriminación auditiva, comprensión social,
descubrimento persoal de escoitar…
Hands On! foi fundada en base á idea de que os
nenos deben ter a música como parte das súas vidas no seu día a día, xa que coa
aprendizaxe da música non só aumenta a apreciación e comprensión desta, senón que
tamén enriquece todos os aspectos das súas vidas.
O obxectivo é ofrecer
aos nenos un curso de introdución á música nun ambiente que é divertido e
enriquecedor. Tamén se espera inspirarlles paixón pola música.
Diferencian entre tres etapas fundamentais:
1.
A
primeria etapa recibe o nome “Mans en”. É para os nenos máis pequenos, xa que a
instrución comeza con un “mans en”, traballando con obxectos concretos. Poden
ver, tocar, sentir e manipular os instrumentos que axudan a adquirir a
comprensión dos conceptos e relación de forma máis eficaz.
2.
Nesta
segunda etapa céntranse máis no desenvolvemento da percepción, no
desenvolvemento da capacidade do neno para percibir o son, a tomar conciencia
das diferenzas e semellanzas, e para participar na produción dos propios sons.
3.
As
dúas etapas anteriores conducen á etapa verbal. Os nenos comezan a identificar
e describir os obxectos que os rodean e os sons que escoitan. A miúdo exhiben
un uso creativo da lingua e comezan a desenvolver o pensamento abstracto que
conecta o que experimentan, as ideas e a linguaxe.
En canto aos mestres, estes deben gozar de
traballar cos nenos e ter grandes habilidades de comunicación. Hai un período
de adestramento rigoroso que dura entre catro ou seis semanas con un alto
funcionario. Cada clase está dirixida por un mestre capacitado que canta
cancións e toca os instrumentos da orquestra, mentres un pianista acompaña ao
instrutor en todo momento.
CURRÍCULO
Nel está incluído:
·
Música:
Incorpora a historia, o movemento, os instrumentos e o cando dunha forma que
involucra aos nenos para aprender ao mesmo tempo que se divirten. Cada sesión
ten un tema que logo se adapta a cada grupo de idade.
·
Arte:
o plan de estudios de Artes Creativas é fundamental para alcanzar o obxectivo
de educar e entreter.
·
Música
– idioma: As clases están deseñadas para incorporar a lingua estranxeira dentro
do plan de estudos de música. Os nenos non só aprenden a linguaxe básica que
inclúe por exemplo os números, colores e animais, tamén serán expostos aos
instrumentos e sons dunha determinada cultura musical auténtica.
CLASES
En Hands On! creen na importancia das
clases apropiadas para a idade dos nenos e así poder alcanzar plenamente o
aprecio pola música.
Podemos diferenciar as
seguintes:
·
Clases para bebés.
Música
Durante as clases infantís utilízanse instrumentos
de percusión de pequeno tamaño para atraer a atención dos nenos, e para
desenvolver a coordinación man – ollo. A creación de sons con obxectos fascina
aos bebés. Poder sentir, tocar e ver cada instrumento da o comezo dunha
asociación entre o instrumento e o son que este produce. Os bebés experimentan
a audición (algúns por primeira vez) con unha gama suave de cancións xoguetonas
para a súa escoita e goce.
Os bebés de 6 meses séntense cautivados por
diferentes sons, e cando xa teñen 8 meses comezan a entender o ton do son. Os
bebés, impulsados polo mestre que lles canta, a miúdo participan no balbuceo
musical. De 9 a 12 meses comezan a deslizar as súas voces cara arriba e abaixo
para imitar os sons que escoitan. Tamén son sensibles ás diferenzas e similitudes
no son.
Música – idioma
Explórase a música e a linguaxe chino mandarín. Cada semana, preséntanse
auténticos instrumentos musicais que poden ver e tocar. Aos bebés encántalles
ver os instrumentos e sentir as súas vibracións. Empregan instrumentos de percusión
para desenvolver asociación entre o tacto e o son. O idioma que emprega o
mestre para dirixirse aos bebés pode ser inglés ou chino mandarín, para que así
podan comezar a desenvolver un bo oído para os diferentes sons e palabras que
escoitan.
·
Clases
para nenos de un ano.
Música
Durante as clases con nenos de un ano de idade,
estes comezan a repetir patróns rítmicos. Os mestres móstranlle aos nenos como
xogar imaxinativamente sobre os instrumentos. Cada instrumento preséntase con
unha explicación simple e directa do seu uso e son particular. Mentres os nenos
xogan con diversos instrumentos escoitan os sons que produce cada un.
Instintivamente asocian o son co instrumento. A repetición nestas idades é
esencial e a través dela nas habilidades recén adquiridas dálles autonomía e
sensación de éxito. Tamén comezan a desenvolver habilidades lingüísticas e
tratan de cantar os sons da música, ás veces empregando palabras formadas.
Arte
Empréganse materiais simples e seguros con
técnicas creativas para deixar aos nenos expresarse libremente en formas que
poden non ser capaces de facelo verbalmente. Poden utilizarse pinturas como
estímulo visual ou escoitar música. Comezan a desenvolverse habilidades motoras
finas e melloran a aprendizaxe da matemática e da linguaxe, ademais de expresarse
de forma artística.
Música – idioma
Cada semana introdúcese un instrumento
musical que se pode ver e tocar. Os nenos comezan a recoñecer as palabras e
sons que escoitan e diferenciar entre os diferentes tons da música oriental e
os da música occidental. O mestre fálalles en inglés ou en chino mandarín, para
que a través da repetición podan comezar a recoñecer o vocabulario básico do
mandarín. Os nenos van repetindo os sons que escoitan e poden comezar a formar
palabras.
·
Clases para
nenos de dous anos.
Música
Os nenos únense ao mestre na canción. A
repetición de cancións favoritas axuda no uso da linguaxe, agora pode cantar
frases de cancións. O mestre dirixe a atención dos nenos co ritmo e con
distintos instrumentos de percusión, empregando aquí o enfoque de “Mans en”. Agora
xa son capaces de seguir instrucións, entón introdúcense en diferentes patróns,
xogos musicais, e o mestre conduce ao grupo en conxuntos rítmicos. Poden identificar
un instrumento coñecido polo tacto e recoñecer unha canción. As súas
habilidades motoras son refinadas.
Arte
Aprenden a cooperar e participar en
actividades de grupo. Aprenden elementos básicos artísticos como: a liña, a
cor, a forma e a textura. Os nenos, coa axuda do mestre, poden comezar a mirar
cadros famosos e discutir sobre el. A música tamén pode ser utilizada como un
estímulo dunha forma semellante. Os nenos son animados a falar da súa propia
obra de arte e dos seus sentimentos.
Música – idioma
Cada semana introdúcese un instrumento chino
diferente, poden velo e tocalo, sendo capaces de recoñecer diferentes
instrumentos propios da cultura china. Os nenos comezan a repetir as palabras e
sons que escoitan, ademais de diferenciar entre os tons da música oriental e os
da música occidental. O mestre fálalles en inglés e en mandarín, para que a
través da repetición comecen a recoñecer e falar con vocabulario básico do
mandarín.
·
Clases
para tres e catro anos.
Música
En estas idades son experimentadores e gústalles
xogar a adiviñanzas sobre instrumentos e os seus sons co mestre. Mostrando un
maior control de voz e unha maior aproximación de ton e ritmo, algún poden
cantar unha canción enteira con exactitude. O mestre anímaos a representar
contos, xogar a xogos de canto e empregar o movemento de maneira significativa.
A notación musical básica introdúcese aquí, o
mestre axuda aos nenos a facer unha conexión entre as notas que escoitan e as
notas que ven no taboleiro: este será o primeiro paso para a lectura musical.
Arte
Poden traballar en grupos pequenos ou en parellas,
explorando as emocións. Utilizan técnicas artísticas máis avanzadas a medida
que cambian as necesidades e desenvolven habilidades.
Música – idioma
Os nenos están con diferentes
instrumentos chinos e compáranos con instrumentos occidentais. A notación musical
e a escritura tamén se incorporan de modo que os nenos poden comezar a
comunicar os sons que escoitan doutras formas. Ao largo da clase o mestre fala
en inglés ou en mandarín, para así comezar a empregar frases básicas do chino
mandarín.
ANDREA PÉREZ LÓPEZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario