viernes, 2 de mayo de 2014

CrecienDoMiSol



CrecienDoMiSol é un taller onde se recupera a música como medio de expresión natural, revive a infancia con cancións tradicionais e aprende xogos novos para utilizar a voz, o corpo e os instrumentos. Esquecéndose da música gravada que aparta a proximidade do canto e dos instrumentos.  
Ofrecen clases semanais e quincenais en Madrid. Tamén se desprazan a Guadalajara, Valladolid e San Sebastián, con curos de fin de semana cada dous meses.

A música axuda a:
  • Desenvolver a motricidade e a coordinación. 
  • Mellorar a expresión corporal e a conciencia do propio corpo (kinestesia).
  • Xestionar o estrés infantil e equilibrar o nivel de cortisol.
  • Traballar a concentración, a atención e a memoria.
  • Fortalecer o ton muscular. 
  • Favorecer a creación de conexións neuronais entre os dous hemisferios do cerebro e a mielinización, o que supón unha maior capacidade de aprendizaxe, de reflexión e de expresión. Ao activar o hemisferio esquerdo axuda a comprender os procesos matemáticos.
  • Estimular o sistema vestibular e con el o sentido do equilibrio. 
  • Afianzar as rutinas e proporcionar tranquilidade y seguridade.
  • Fixar a atención sobre un estímulo sonoro e discriminar os sons en función das cualidades.
  • Estimular a fala a través do canto.
  • Por último, e pode que o máis importante, interactuar y comunicarse co bebé.

Está impartido por Blanca Fernández Antolín.


Violinista licenciada e diplomada en Educación musical.
Pretende guiar aos bebés e aos pais para que disfruten do mundo sonoro e se beneficien dos efectos da música sobre o desenrolo integral do neno.













Deixo algunhas fotografías dos talleres que realizan:











Para máis información deixo o enlace da páxina web 
 www.creciendomisol.com

 Laura Sendón Bargo

No hay comentarios:

Publicar un comentario