miércoles, 30 de abril de 2014

MUSICRECIENDO

            Trátase duns talleres baseados na Teoría da Aprendizaxe Musical de Edwin E. Gordon e nas experiencias e investigacións persoais de Enzo Valls dirixidas a nenos e nenas de 0-3 anos.


        A súa práctica comezou fai uns 12 anos en Italia. No 2007 realizou unha investigación sobre a aplicación sobre esta teoría do profesor Gordon nun contexto determinado. Unha das consecuencias desta investigación foi a crecente importancia da participación das familias cos nenos e nenas e máis pequenos, os cales xogan un papel fundamental como axentes educativos, ofrecéndolles continuidade cotidiana aos estímulos musicais que reciben durante as clases e os que reciben na casa.


       A teoría da Aprendizaxe Musical describe as modalidades de aprendizaxe musical dun neno ou nena a partires da idade neonatal e baséase no principio segundo o cal a música pode aprenderse a través de procesos análogos aos da aprendizaxe da fala. A partires de algúns estudios foise desenvolvendo unha metodoloxía que aplica os principios desta teoría. 


    A teoría da que falamos ten como obxectivo principal favorecer o desenvolvemento das aptitudes musicais de cada neno e nena segundo as súas propias potencialidades, modalidades e, sobre todo, os seus propios tempos.


      Gordon define “audición” como a “capacidade de percibir e comprender, na propia mente, música non presente fisicamente no ambiente”. Esta capacidade é fundamental para comprender a sintaxe musical, para desenvolver unha boa lectura musical ou para improvisar, musicalmente falando. O que se pretende como obxectivo é poñer ás persoas en condicións de comprender a sintaxe musical e expresarse musicalmente, coa voz ou cun instrumento.


      Esta capacidade de audición desenvólvese a partires dunha idade prenatal en contacto cun ambiente rico de experiencias e estímulos musicais de calidade. Nos primeiros anos de vida é aconsellable para o correcto desenvolvemento desta que un adulto musicalmente competente guíe informalmente ao neno ou nena cara o aprendizaxe musical a través de exemplos directos, o xogo e o movemento. O adulto comunícase co neno ou nena a través de cantos melódicos e rítmicos sen palabras, modelos rítmicos e melódicos, escoitando as respostas musicais espontáneas do neno ou nena.




    No enlace que se adxunta podemos atopar o texto dunha conferencia dada polo mestre Gordon e nela explica a súa teoría con palabras que todos podemos entender á perfección, ofrecendo exemplos e respondendo a preguntas das persoas que alí se atopaban, un público moi variado entre os que se atopan algúns profesionais da música como compositores, entre outros.





SANDRA DIÉGUEZ BUJÁN



1 comentario:

  1. Hola, soy Enzo Valls y acabo de descubrir este texto basado en mi blog Musicreciendo. No entiendo por qué no está en castellano (¿está en gallego?). ¿Fue tomado a su vez de otro sitio?
    Muchas gracias.

    ResponderEliminar